Trasladamos un cachiño do noso mar, tan importante para nós, a letras para decorar calquera espacio. Están feitas totalmente a man en madeira maciza, con area e cunchas naturais e un mar de resina. Xa podes encargar as túas, e con prezo en promoción de lanzamento! . Son o agasallo perfecto para Nadal, ideal para decorar as habitacións dos rapaces, bodas, eventos…Para máis info, contáctanos.
Desenvolvido por Creativas Galegas, no Museo do Pobo, da que disfrutamos o pasado mércores e colaboramos ca nosa peza, tallada en madeira maciza de froiteira. Podedes atopar distintas interpretacións deste obxecto tan presente neste momento que estamos a vivir. Invitámosche a que nos deixes a túa reflexión sobre a máscara no enlace do código QR da imaxe. Gracias!
Que podemos facer cumprindo aforos e disfrutando de novas experiencias? ✍🏼 Pois ir visitar a nosa nova exposición, na Casa de Cultura de Miñortos, e de paso, dar un paseo por esta bonita parroquia, quizais descoñecida para moit@s. Xa tendes plan! 😉