PROMOCRISTINACALO-copia

Déixate nas mans dos que te coidan ben: Perruquería Cristina Calo

Coidado do cabelo, estética, manicura, pedicura, coidado da túa pel, todo o que precisas para verte máis guapa.. e sempre sempre cun sorriso, qué máis podes pedir?

Ademáis, podes regalar calquera traballo de perruquería ou estética, como por exemplo, alisado, mechas, color, corte, microblading, depilación láser, andulación, presoteraoia,… Recolle o teu bono na Perruquería Cristina Calo, pídenos o servizo que desexas regalar e entregámoscho nun sobre para que o regales á persoa desexada.

#perruqueriacristinacalo #cristinacalo #PortoDoSon #sonoteucomercio #comerciolocal #mercanoson

agasallo

SonAgasallo Personalizado

Qué mellor agasallo que o feito a man e personalizado, pensando na persoa á quen vai dirixido. Así traballan SonAgasallo, deixando todo o seu cariño en produtos que son únicos, xa que están feitos artesanalmente a medida do destinatario.

O Faro de Corrubedo, un dos lugares máis emblemáticos da nosa contorna, pirograbado e pintado a man:

#agasallosunicos #agasallospersoalizados #sonagasallo #agasallaartesania #artesaniaenmadeira

agricola

Agrícola Rodríguez: da horta ó teu fogar

Utensilios  para a horticultura, plantas, pensos, maquinaria e unha gran variedade de produtos da nosa terra, con entrega no teu domicilio, sen comisións nin gastos de desprazamento en todo o concello de Porto do Son.

Atención telefónica, encargos a domicilio cobro contra reembolso cando chegue o producto ó seu domicilio.

Visítanos en https://www.facebook.com/agricola.rodriguez.560

Tlf: 619 68 96 86

bonos-activa-comercio-galicia_img45674t1m0w410h408n1

Bonos Activa Comercio

Aproveita os bonos do comercio local con descontos de ata 30€

Esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, xunto coa Federación Galega do Comercio e as Asociacións Provinciais, ten por obxecto incentivar o consumo no comercio de proximidade.

Aínda estás a tempo de aproveitarte de descontos mercando no comercio local, o prazo remata a principios do mes de Agosto, para elo debes utilizar a app de Bonos Activa no teu móbil, máis info en: www.bonosactivacomercio.gal

Consulta os comercios de Porto do Son adheridos á iniciativa na seguinte ligazón:

https://app.bonosactivacomercio.gal/#/merchants/list?stateProvince=A%20Coru%C3%B1a&council=Porto%20do%20Son