Un barrio é a veciñanza, os lugares de encontro e o comercio local, o bar da esquina, a mercería, a lavandería, o carniceiro, … eses pequenos negocios son os lugares de encontro dos veciños, que fan os pobos máis habitables, podes imaxinar o que sería do teu barrio, o teu pobo sen o comercio local ou a hostalería?
Porque agora máis que nunca, eles nos necesitan e nos os necesitamos
Deseño e instalación de vinilos por Hinchada para o Black Friday de Portosín
Este fin de semana temos descontos de ata un 20% en Portosín e Hinchada encargouse do de deseño da cartelería para os negocios locales, como @paso_a_paso_zapaterias @lyarymoda @drogueriaisolina @trafegosportosin
Un exemplo de como o comercio local colabora e se aportan riqueza uns a outros, .. que sería dos nosos barrios sen o comercio local e a hostelería?
Aportan riqueza, son lugares de encontro que dan vida ós nosos pobos…
Agora máis que nunca xuntos somos máis fortes, invierte nos teus veciños, merca no comercio local.
As compras de Nadal serán diferentes este ano… En lugar de aumentar os beneficios de plataformas online co seu Black Friday poderíamos pedir ós reis magos que nos trouxeran os regalos dende os comercios locais que poden estar en risco de desaparecer:
Librerías, restaurantes, perruquería, artesáns, pequenos comercios de roupa, calquera cousa que interese, unha cea no restaurante da túa rúa, un corte de pelo na perruquería do barrio, ese detalle único de un artesán local…
Sería un dobre regalo pois a eles lles dariamos a posibilidade de seguir abertos o ano que ven:
Bonos de fisioterapia, beleza, matrícula de ximnasios, as gafas que necesitas, esa reparación de electrodomésticos, calquera gasto no barrio ou no pobo será un xeito de manter o noso comercio vivo.
Os días 20 e 21 de novembro, atoparás descontos de ata un 20% en diferentes comercios da localidade, achégate e disfruta de descontos, promocións e outras ofertas no teu comercio local.
Deseño da camiseta solidaria para a agrupación branquiazul “Cheka”, a cal podedes adquirir por 10€ a unidade, todo o recaudado irá destinado ós autónomos con locales de hostalería que sexan socios da Peña Cheka
Podes regalar calquera traballo de peluquería ou estética, como por ejemplo, alisado, mechas, color, corte, microblading, depilación láser, andulación, presoteraoia,…
Recolle o teu bono na Perruquería Cristina Calo, pídenos o servicio que desexas regalar e entregámoscho nun sobre para que o regales á persona desexada.
«A plataforma web Sonoteucomercio, o mercado en liña onde os establecementos de Porto do Son xuntan forzas contra a crise sanitaria ao tempo que acurtan distancias coa cidadanía (do Son e de todo o mundo), comezou xa a mobilizar recursos para a vindeira campaña de #Nadal2020, un movemento que vén acompañado de mensaxes claras sobre a necesidade de apostarmos (agora máis ca nunca, ante a adversidade da #COVID19) polo comercio de proximidade e por unha fórmula, a da recuperación económica e social, que pasa claramente por un apoio unánime aos establecementos de toda a vida»