
Gran Sorteo de Nadal de 1000 €
Bases da Convocatoria
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE PORTOSÍN SORTEA 1 PREMIO DE 1.000 € PARA GASTAR NUN SÓ DÍA DO MES DE XANEIRO OU FEBREIRO DE 2020
BASES DA PROMOCIÓN
1. A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Portosín (en adiante AEP), ten previsto realizar un sorteo de 1 premio de 1.000€ a gastar nun só día nos establecementos que participan no sorteo da campaña de Nadal 2020, que se desenvolverá en conformidade coas seguintes bases.
2. O sorteo se celebrará o día 8 a través da plataforma de sorteos Randorium.
3. A promoción estará aberta a todas aquelas persoas que compren nos establecementos participantes nesta promoción. Poderá participar no sorteo calquera persoa física maior de 18 anos.
4. Os establecementos asociados participantes nesta promoción dispoñerán dun cartel identificativo da súa participación na campaña.
5. A campaña do sorteo será publicitada en distintos medios de comunicación durante o tempo que dure a mesma.
6. As papeletas serán entregadas aos clientes nos establecementos por cada compra. Entregarase as papeletas por cada compra realizada en cada comercio.
7. O afortunado que posúa a papeleta premiada no sorteo non poderá ser propietario dun establecemento que participe no sorteo.
8. O día 7 de Xaneiro ata ás 23:00 será o prazo no que remata a entrega de números do sorteo.
9. Durante o sorteo, extraeranse cinco números, resultando o primeiro gañador principal, e os catro restantes como suplentes respectando a orde de saída dos mesmos.
10. O día do sorteo, o Concello de Porto do Son publicará nas redes sociais, na plataforma sonoteucomercio.gal, e nos establecementos participantes o listado de gañadores. Os gañadores deberán reclamar o premio nun prazo non superior a 7 días, dende a data do sorteo, no número 655 105 636 e 981 76 61 92 de teléfono do secretario da ASP. No caso de non aparecer os gañadores principais, os premios recaerán nos primeiros números de reserva, dispoñendo estes de outros 7 días de prazo para a súa reclamación. Se tampouco aparecen os gañadores substitutos, o premio adxudicaríase ao seguinte por defecto e así sucesivamente ata que se asigne un gañador de cada un dos premios.
11. O premio entregarase na Casa de Cultura de Portosín, acordando o día ca persoa gañadora do premio.
12. O premio non poderá ser canxeado polo seu importe en metálico, nin por outra compensación económica.
13. A organización entregará aos gañadores un listado de todas as empresas participantes e unha chequera con bonos para empregar a modo de cartos nos establecementos integrantes do sorteo nos que vaia a realizar a compra, cumprindo en todo caso unas condicións mínimas esixidas:
a. Debe gastar o premio nun MÍNIMO de 3 dos establecementos asociados participantes no sorteo.
b. Para realizar as compras deberá usar a chequera de bonos que lle entregará a AEP, e non poderá recibir cartos en metálico como volta da compra realizada. É dicir que, no caso no que o importe da compra non acade ou supere o importe neto dos bonos da chequera, o gañador poderá escoller entre: poñer a diferenza en metálico ou facer unha compra que se axuste ao importe dos bonos entregados.
c. Os establecementos onde se realice a compra do gañador deberán presentar os bonos consumidos co boleto de compra do mesmo.
d. Deberá facerse unha foto co representante de cada establecemento onde vaia a realizar o troco dos bonos.
14. As persoas gañadoras, así coma os establecementos asociados participantes, cederán de forma gratuíta todos os dereitos de imaxe ou de calquera índole derivados da promoción (datos persoais, fotografías, filmación…)
15. As bases deste concurso estarán na plataforma sonoteucomercio.gal, e en cada un dos establecementos asociados participantes na mesma.
16. A participación neste sorteo supón a aceptación íntegra da totalidade das bases aquí expostas.
17. Sorteo de ámbito local organizado por ” ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE PORTOSÍN“.
18. Os datos de carácter persoal forman parte dun ficheiro automatizado, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99 coa finalidade de facer efectiva a nosa relación. Os destinatarios son os departamentos en que se organiza A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE PORTOSÍN e colaboradores e organismos oficiais que así o soliciten por lei. Para calquera dereito de rectificación, cancelación ou oposición contactar con cemit@portodoson.gal.
Portosín, 9 de Decembro de 2020