OPARQUE-copia

Escola infantil O Parque: Bono coidado

Seguimos apostando pola conciliación, e por iso este ano chegamos un pouco máis lonxe co Bono Coidado. Unha medida coa que queremos colaborar coas familias con axudas de ata 500€.

👨‍👩‍👧‍👦 Quen pode beneficiarse? Calquera familia con fillos menores de 12 anos e dificultades para a conciliación en momentos puntuais como enfermidade do neno ou do coidador habitual, cuestións de carácter laboral, coidado de familiares, etc.

🏖️Cales son as novidades? O bono coidado atenderá tamén as necesidades das familias en períodos de vacacións escolares e axudará a financiar servizos de conciliación nestas datas, como campamentos

🗓 Prazo de solicitude: desde o martes 10 de agosto ata o 30 de setembro.

As axudas atenderán as necesidades de conciliación rexistradas desde o 1 de xaneiro deste ano.

🔗Máis información aquí: https://politicasocial.xunta.gal/…/planes…/bono-coidado

#BonoCoidado#familiasgalegas#Galicia#Conciliación

Tags: No tags

Comments are closed.